martes, 4 de abril de 2017

Reunión do Comité Intercentros de Saúde Laboral: solicitamos que a gripe se excepcione das enfermidades que sofren desconto por IT

Política Social e Medio Rural, as consellerías que acaparan os 50% dos accidentes de traballo.


O dia 30 de marzo reuniuse o Comité Intercentros de Saúde Laboral e tratáronse os seguintes asuntos: protocolo de avaliación de riscos psicosociais, memoria actividade preventiva do 2016, enfermedades infectocontaxiosas como enfermidades laborais, nova configuración dos comités de saúde laboral, persoal dos servizos de prevenzón e varios.

1.- Debate sobre o funcionamento do protocolo de Avaliación de Riscos psicosociais utilizado pola Xunta de Galiza.

Presentase neste comité solicitude de modificación do procedemento de Avaliación de riscos psicosociais tras diversos procesos nos que distintos métodos empregados, no mesmo cetro, (Avaliación previas da Xunta e método do INSHT) dan resultados distintos.
Prodúcese un debate onde o SPRL xustificase o seu método como válido, e MUGATRA especificase que modificar a enquisa con mais ítems, podería resultar demasiado longo.
A CIG, para mellorar a problemática de riscos psicosociais existente na Administración da Xunta solicita o seguinte:

  • A identificación dos riscos non se faga exclusivamente a través da enquisa previa da Avaliación de Riscos, que se teñan en conta as solicitudes dos CSS e outras denuncias.
  • Realización de Avaliacións de riscos psicosociais en tódolos centros de traballo tal e como se acordou neste comité.
  • Que se adopten as medidas correctoras que como consecuencia das Avaliacións sexan necesarias.   Remitirase para a vindeira reunión propostas para unha modificación da Avaliación de Riscos e do protocolo establecido pola Xunta.

 
2.-Presentación e debate da memoria preventiva do 2016
 
O SPRL fai unha presentación da Memoria Anual de Actividades Preventivas do 2016.
Dende a CIG facemos as seguintes propostas e observacións:
  • A estrutura recollida no documento dos CSS non se corresponde coa actual
  • O gasto no contrato coa MUTUA descende en 2017 con respecto o 2016
  • Os Plans de Acción resultado das Avaliacións de Riscos dos que os respectivos CSS non se reúnen non teñen seguimento. A Administración incumpre a súa obriga legal
  • Case que o 15% dos accidentes son “in itinere” polo que solicitamos unha campaña de formación e sensibilización. Campañas deste senso estanse a realizar por todo o territorio español.
  • Os índices de frecuencia do 2016 e os índices de duración foron mais altos que no 2016
  • Hai que abordar nas avaliacións de riscos o envellecemento dos traballadores e traballadoras da Xunta
  • Denunciar a falta de investigación de accidentes en Ourense
  • Denunciar o incumprimento flagrante da Lei de PRL en materia de CSS, xa que mais da metade non se reúnen en todo o ano. Feito denunciado en tódolos comités pola CIG
  • Pedimos novamente que a vixilancia da saúde sexa específica por postos de traballo e se apliquen os protocolos establecidos
  • A formación en prevención debe adecuarse as necesidades específicas dos traballadores e traballadoras e así mesmo renovarse cos cambios de técnicas de traballo, cambios estruturais, cambios de material...
Destacar que ano tras ano son os traballadores e traballadoras das Consellerías de Política Social e Medio Rural as que sofren un maior número de accidentes, xuntando entre as dúas mais do 50% dos mesmos. A CIG solicita que se intensifiquen os esforzos na busca de solucións e se doten de medios tanto materiais como humanos para que descenda o número total de accidentes.

 
3.-Debate sobre a gripe e as enfermidades infecciosas, dende o punto de vista do seu recoñecemento na incapacidade laboral
 
A MUTUA fai entrega dun documento emitido fai un ano, onde como non, non consideran a gripe como accidente de traballo.

A CIG manifesta o seu rexeitamento a este documento por considerar que se basea principalmente en razóns económicas e non de saúde. A gripe como enfermidade infectocontaxiosa e as enfermidades infecciosas deberían estar incluídas nas excepcións do RD Lei 20/2012. Entre os principais motivos sinalar que son fonte de danos a saúde por contaxio para o resto dos empregados públicos.

A gripe debería ter consideración de accidente laboral para aqueles traballadores e traballadoras que polas súas funcións traballen con persoas potencialmente contaxiadas.

Deberíase considerar a gripe como enfermidade profesional para o persoal sanitario e similares polo seu contacto continuado con poboacions de risco.

Solicitamos a Función Pública a apertura dunha mesa de negociación para a revisión da cobertura do 100% das continxencias en caso de gripe.

 
4.-Presentación da proposta da Administración da configuración dos comités de seguridade e saúde laboral
 
O presidente comunica que ten unha nova proposta de configuración baseada en áreas funcionais e que traerá para unha vindeira reunión.

A CIG resposta que como mínimo debe cumprir co establecido na LPRL, e que se estudará cando fagan a achega.

 
5.-Cadro de persoal do SPRL

A Administración Informa que de 17 postos do Servizo tres están sen cubrir. Dende a CIG consideramos que é necesario a cobertura de tódalas prazas e mesmo a ampliación do servizo dado as necesidades en prevención existente na Xunta.

 
6.-Rogos e preguntas

Informa Función Publica que se inicia a Mesa de Negociación da segunda actividade de Incendios e que isto é o comezo para a negociación de outras categorías.

Solicitase unha avaliación específica para os Farmacéuticos e Inspectores. Farase esta Avaliación e de ser preciso unha nova vixilancia da saúde.

Farase a Avaliación de Riscos de Sergude e os recoñecementos médicos específicos.

En puntos anteriores puxemos en coñecemento da Administración o escrito de CIG, presentado para demandar a execución inmediata do Plan de Prevención de Riscos Laborais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario